Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN661A 2007/2-1, no concello de Muxía.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica parque eólico Muxía II, no concello de Muxía (expediente IN661A 2007/2-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 19 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2007/2-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico Muxía II.

Concello: Muxía.

Predio

Lugar

Titular proposto/a

Data de ocupación

1071

Laguela

Herdeiros de Maximino Lago Lema

18.9.2017