Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai publica a formalización da contratación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada, da subministración mediante a modalidade de renting de 57 vehículos para o persoal fixo discontinuo das brigadas dos distritos con labores de prevención e defensa contra incendios forestais (expediente 18/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 57 vehículos en réxime de alugamento con destino á Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais para o persoal fixo e discontinuo das brigadas dos distritos con labores de prevención e defensa contra incendios forestais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=140055

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 67, do 5 de abril de 2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 203.695,20 €, IVE (21 %): 42.775,99 €. Importe total: 246.471,19 €.

Valor estimado: 203.695,20 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 23 de maio de 2017.

b) Adxudicataria: Lease Plan Servicios, S.A.

c) Importe: 246.471,19 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 2 de xuño de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi o único licitador presentado e cumpre os requisitos establecidos nos pregos, polo que resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural