Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50717

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos do Val Miñor

ANUNCIO de licitación do contrato de xestión e explotación da piscina mancomunada.

De conformidade co acordado na Xunta da Mancomunidade en sesión extraordinaria do día 22 de setembro de 2017, por medio do presente anuncio convócase procedemento aberto para a adxudicación do contrato de xestión de servizo público, na modalidade de concesión, que ten por obxecto a xestión e explotación da piscina cuberta da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, conforme as seguintes especificacións:

1. Entidade adxudicadora: Mancomunidade de Concellos do Val Miñor.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato administrativo de xestión de servizo público.

b) Modalidade: concesión.

c) Descrición: xestión e explotación da piscina cuberta da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor.

d) Lugar de execución: Nigrán.

e) Prazo de execución: 5 anos (non prorrogable).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto, con varios criterios de adxudicación.

b) Tramitación: ordinaria.

c) Criterios de adxudicación.

3.c.1. Criterios non avaliables mediante fórmulas: ata 20 puntos.

a) Programa de xestión das instalacións: integración de novas tecnoloxías no servizo que se vai ofertar (10 puntos). Concretamente, valorarase a aplicación das novas tecnoloxías no seguinte:

• Sistemas de xestión en materia de control de accesos, seguimento metodolóxico da práctica deportiva dos usuarios (5 puntos).

• Comunicación cos usuarios e a interacción destes coa instalación, actividades, canais de comunicación directa cos usuarios, xestión de reservas e inscricións (5 puntos).

b) Calquera outra proposta que mellore a calidade do servizo ofertado polo licitador: (máximo 10 puntos). Novos servizos e actividades propostos polo licitador, diferentes dos establecidos no prego de cláusulas técnicas. Deberán definirse as actividades non incluídas no prego e o prezo previsto para o cobramento aos usuarios.

3.c.2. Criterios avaliables economicamente: canon concesional variable, estimado como unha porcentaxe da facturación anual: ata 40 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 5.134.518,33 € máis IVE, descontando do valor estimado no estudo económico o importe do canon da concesión.

5. Tipo de licitación/canon de explotación: canon mínimo variable do 1 % do total da facturación anual, cun mínimo de 10.000 €/ano.

6. Garantías: definitiva: 5 % do valor estimado do contrato: IVE excluído, é dicir, por importe total de 256.725,92 €.

7. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse mediante o volume anual de negocios do licitador ou candidato, que, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos, deberá ser polo menos unha vez e media o prezo do contrato no ano I: 1.521.682,59 €.

Solvencia técnica: os licitadores, como mínimo, deben realizar os seguintes traballos ou servizos:

a) A xestión dunha instalación deportiva, que inclúa obrigatoriamente unha piscina, cuxos ingresos brutos anuais sexan superiores a 710.118,55 euros (IVE excluído) (representa o 70 % dos ingresos do ano I do presente contrato). Esta xestión puido realizarse mediante un contrato de concesión de obra pública, xestión de servizos públicos ou de servizos ou calquera outro que sexa idóneo para que o contratista preste e xestione instalacións deportivas, sexan de titularidade pública ou privada. Así mesmo, o contrato pode estar en execución, finalizado ou estar en situación de prórroga ou continuidade, a condición de que se prestase como mínimo 1 ano completo destes servizos, dentro dos cinco últimos anos, ata que finalice o prazo de presentación de proposicións. A cifra de ingresos debe referirse á totalidade da instalación ou complexo deportivo por todos os servizos que se prestan nel.

b) Un documento subscrito polo representante do licitador en que relacione os principais contratos de servizos ou traballos de xestión de instalacións deportivas (que inclúa obrigatoriamente unha piscina) nos últimos 5 anos, que inclúan importes, datas e beneficiarios públicos ou privados destes.

c) Copia do contrato ou contratos de xestión de instalacións deportivas (que inclúa obrigatoriamente unha piscina) que amparen e dean cobertura á xestión de instalacións deportivas.

8. Criterio de desempate: empresas que acrediten ter no seu cadro de persoal un número de traballadores con discapacidade superior ao 2 % e, se aínda así persiste o empate, terá preferencia na adxudicación do contrato o licitador que teña un plan de igualdade u obtivera a Marca Galega de Excelencia en Igualdade, de acordo co establecido nos artigos 72 e seguintes do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais na Comunidade Autónoma en materia de igualdade.

9. Presentación de ofertas.

As ofertas presentaranse na sede da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, sita en Baiona, rúa Ventura Misa nº 19, en horario de atención ao público, das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación que se realizará no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

10. Documentación que deben presentar: véxanse os pregos que rexen a licitación (www.baiona.org).

11. Apertura de ofertas: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Baiona (www.baiona.org).

12. Gastos de publicidade: os gastos derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.500 €.

Baiona, 25 de setembro de 2017

Ángel Rodal Almuíña
Presidente da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor