Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 9 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017307AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2017307AL-CO incoado a Similares, S.C.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, nº 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírteselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 9 de outubro de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2017307AL-CO.

Interesada: Similares, S.C. (Similares, S.C.).

DNI/NIF/CIF: J70192232.

Último enderezo coñecido: polígono A Marisqueira, nave 6, M-1, 15180 Culleredo.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.