Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de outubro de 2017 pola que se notifica a incoación e o prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/76/2017.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución do director, acordou o día 22 de agosto de 2017 incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade e prego de cargos, entre outros, a Adrián Feijoo Rodiño, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, na praia de Areas, termo municipal de Sanxenxo (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da incoación e prego de cargos a Adrián Feijoo Rodiño, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a devandita incoación e prego de cargos mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da incoación e prego de cargos que se notifica se encontran ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE). Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística