Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50850

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (224/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Alejandro Fernando Castro Wagner contra AC Medín, S.A., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Andrés Conde Medín, INSS, en reclamación por seguridade social, rexistrado co número seguridade social 224/2015 se acordou a suspensión do xuízo sinalado para o día 19 de outubro de 2017 e sinalar nova data para o xuízo o día 25 de xaneiro de 2018 e, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar AC Medín, S.A., Andrés Conde Medín, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 25 de xaneiro de 2018, ás 11.05 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a AC Medín, S.A., Andrés Conde Medín, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza