Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 50983

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 177/2017).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña) fai saber que na execución seguida neste Xulgado co número 177/2017, por instancia de Germán Senra González, contra a executada Transcerofer, S.L. e César Rodríguez Fernández, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 13 de outubro de 2017 decreto de insolvencia no sentido de declarar ao executado, en situación de insolvencia total, por importe de 4.766,46 euros de principal, máis 750,88 euros en concepto de xuros de demora, máis 551,73 euros que provisionalmente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza