En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: obras.
b) Descrición do obxecto: correcta execución das obras consistentes na rehabilitación dun edificio histórico, actualmente en desuso, para albergue de peregrinos no Camiño de Santiago e a súa vía anexa, adaptando as súas estancias para destino como albergue, conforme o proxecto aprobado pola Axencia Turismo de Galicia o 16 de maio de 2017.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación:
Importe sen IVE: 443.648,71 €.
Importe de IVE (21 %): 93.166,23 €.
Total IVE incluído: 536.814,94 €.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 29 de setembro de 2017.
b) Data de formalización do contrato: 16 de outubro de 2017.
c) Adxudicataria: Construcciones Orega, S.L.
d) Importe de adxudicación: 360,375,85 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2017
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia


