Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 50994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 10 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións correspondentes a expedientes de reintegro de axudas e subvencións para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 12 de agosto de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 19 de agosto).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación das resolucións de reintegro no último enderezo coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para teren coñecemento do contido daquela, advertíndolles que, de non o facer así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa nos procedementos que se relacionan no dito anexo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interporen recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 10 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

1. Nº de expediente de reintegro: Reint. 2017/019-5.

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2015/582-5.

Nome: Alonso Estévez, José.

NIF: 36052141D.

Último enderezo coñecido: Ángel de Lema y Marina, nº 12, baixo, 36207 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.b) da dita Orde do 12 de agosto de 2015.

Contido da resolución: resolución de reintegro total.

Data da resolución: 25.8.2017.

2. Nº de expediente de reintegro: Reint. 2017/026-5.

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2015/1390-5.

Nome: Figueroa Vila, Mª Dolores.

NIF: 36047826H.

Último enderezo coñecido: Roade 70, CS, 36208 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.b) da dita Orde do 12 de agosto de 2015.

Contido da resolución: resolución de reintegro total.

Data da resolución: 25.8.2017.