Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 51061

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para contratar o servizo de atención veterinaria.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de atención veterinaria da Deputación Provincial de Ourense, cun custo máximo anual de 36.363,64 euros (IVE excluído), coa seguinte distribución por lotes:

– Lote 1: servizo de atención veterinaria no Centro de Acollida do Carballiño, 13.223,14 euros/ano (IVE excluído).

– Lote 2: servizo de atención veterinaria no Centro de Acollida de Valdeorras (A Rúa), 6.611,57 euros/ano (IVE excluído).

– Lote 3: servizo de atención veterinaria no Centro de Acollida de Xinzo de Limia, 9.917,36 euros/ano (IVE excluído).

– Lote 4: servizo de atención veterinaria no Centro de Acollida da Baixa Limia (Muíños), 6.611,57 euros/ano (IVE excluído).

As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, ao cal poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderanse formular telefonicamente (988 31 75 40) perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se estime procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 24 de outubro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense