Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 51057

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan de sectorización para ampliación do parque empresarial de Vilalba, promovido por Queserías Entrepinares, S.A.U.

De conformidade co establecido no artigo 82 da Lei 2/2016 e 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, faise público que o Concello Pleno, en sesión celebrada o día 3 de outubro de 2017, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente conforme o artigo 86.1.f) da Lei 9/2002 e disposición transitoria segunda da Lei 2/2016 o Plan de sectorización para ampliación de parque empresarial de Vilalba promovido por Queserías Entrepinares, S.A.U. con CIF A47037296 conforme o proxecto redactado para aprobación definitiva en data de setembro de 2017 polo enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos Manuel Campo Díaz, e o arquitecto técnico Manuel Ángel López Real.

Segundo. Ordenar a publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia dentro do prazo de 1 mes desde a súa adopción, anuncio en que se incluirán as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente de aplicación do plan, conforme o artigo 82.2 da Lei 2/2016 do solo de Galicia, recollidas no estudo de sustentabilidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico que forma parte do documento para aprobación definitiva do Plan de sectorización para ampliación de parque empresarial promovido por Queserías Entrepinares, S.A.U. que se transcriben a continuación:

– Redacción do presente estudo de sustentabilidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico.

– Inclusión das medidas definidas dentro deste documento nas normas de edificación recollidas dentro do plan de sectorización.

– Redacción dun estudo de impacto para o futuro proxecto de execución da ampliación do parque empresarial, no cal se recollerán, polo menos, os seguintes aspectos:

• Medidas correctoras para os posibles impactos producidos polas obras.

• Estudo de impacto das obras para detectar posibles afeccións durante estas e propoñer medidas correctoras.

– Incorporación da ampliación ao Plan de control ambiental do parque empresarial.

Tercero. Ordenar a publicación no Boletín Oficial da provincia de Lugo do documento que conteña a normativa e as ordenanzas do Plan de sectorización para ampliación de parque empresarial de Vilalba, conforme o artigo 82.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Cuarto. Proceder conforme o artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, á remisión, unha vez publicado no Diario Oficial de Galicia o presente acordo, á consellería competente en materia de urbanismo, dun exemplar en soporte dixital dilixenciado do documento aprobado definitivamente para a su inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Quinto. Ordenar a publicación do presente acordo, xunto coa ordenación definitivamente aprobada, na sede electrónica do Concello de Vilalba http://vilalba.sedelectronica.es/transparency/89044ec9-21eb-42a9-ae56-19f40791dc9b/ (www.vilalba.org - sede electrónica - transparencia - 7. urbanismo, obras públicas e ambiente_urbanismo, obras públicas e medio ambiente - 7.1. planeamento urbanístico_planeamiento urbanístico - “carpeta”) e practicar as notificacións preceptivas en observancia da lexislación aplicable.

Sexto. En todo caso, a eficacia do presente acordo e a entrada en vigor do Plan de sectorización para ampliación do parque empresarial de Vilalba promovido por Queserías Entrepinares, S.A.U., quedan condicionadas á súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e transcorrido o prazo de 15 días sinalado no artigo 65.2 desta e a súa inscripción no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, conforme o artigo 88 da Lei 2/2016».

O presente plan ten natureza de disposición de carácter xeral, polo que contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, dacordo co artigo 46.1 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo do exercicio das accións legales que se consideren convenientes.

Vilalba, 30 de outubro de 2017

Agustín Baamonde Díaz
Alcalde