Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51283

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1216/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1216/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Gastón Rivero Morales contra Iago Castro Martínez, Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 582/2017.

Na Coruña o 26 de setembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento de despedimento 1216/2016, seguidos perante este xulgado por instancia de Diego Gastón Rivero Morales, asistido do letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, contra Iago Castro Martínez e Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L. e Fogasa, que non comparecen, dito esta sentenza de conformidade co seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Diego Gastón Rivero Morales contra Iago Castro Martínez e Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., declaro improcedente o despedimento do demandante e condeno ambos codemandados a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento e que ascenden a 44,79 euros diarios, ou ben o aboamento solidario dunha indemnización por despedimento a razón de 985,38 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, perante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Iago Castro Martínez e Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza