Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 27 de setembro de 2017, da Xerencia de Xestion Integrada de Santiago de Compostela, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso, en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados no Hospital da Barbanza.

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 0081 5363 21 0001082819 do Banco Sabadell, nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Unha vez transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, lles sirva de notificación ás persoas interesadas e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ribeira, 27 de setembro de 2017

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

González Álvarez, Josefa María

53480640M

Fra. 201730025

10.1.2017

401,94

Pérez Rodríguez, Francisca María

53799505K

Fra. 201730026

10.1.2017

401,94

Sanlés Rego, Ana B.

53487003C

Fra. 201730027

10.1.2017

401,94

García Loira, José Benito

35460097P

Fra. 201730687

22.8.2017

361,59

García Loira, José Benito

35460097P

Fra. 201730688

22.8.2017

40,35

Carcamo —, Carlos Alberto

X06843574Q

Fra. 201730697

23.8.2017

401,94