Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, da subministración e transporte de labra e penso para o Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia (CREAG) e o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (CRZG), cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, con tres lotes (expediente 20/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e transporte de 936 metros cúbicos de labra, 54.000 quilos de penso para o gando equino albergado no Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia (CREAG), e de 157.000 kg de penso para o gando bovino albergado no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (CRZG).

c) División por lotes e número: si. Lote 1: subministración e transporte de labra; lote 2: subministración e transporte de penso para o gando equino; lote 3: subministración e transporte de penso para gando bovino.

d) Prazo de execución/entrega: o contrato executarase desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2019, para cada lote.

e) Admisión de prórroga: si, por períodos anuais ou inferiores ao ano, ata un máximo de dúas anualidades.

f) CPV: lote 1: 03416000-9 residuos de madeira, lotes 2 e 3: 15700000-5 alimentos para o gando.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada. Contratación documentalmente simplificada.

Criterios de adxudicación: oferta económica (unicamente o prezo).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 100.702,08 €, IVE: 11.772,14 €, importe total: 112.474,22 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 205.112,69 € (incluídas posibles modificacións e prórrogas).

5. Financiamento: fondos propios e fondos Feader nun 75 %. Medida 10, submedida 10.2.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas alíneas I e J do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas. Definitiva: lote 1: 773,60 €; lote 2: 1.269 €; lote 3: 2.992,50 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Enderezo: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 48 e 981 54 57 37 (consultas administrativas); 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo:http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=217870

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas.

11. Gastos de publicidade: o importe do anuncio do DOG será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural