De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Ley 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo instrutor do procedemento sancionador.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Ourense na avenida Zamora, 13, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 24 de outubro de 2017
Cristina E. Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense
ANEXO
Expediente: 32001-122-2017.
Interesada: Tomóvil Cuevas, S.A.
CIF/NIF: A32007650.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.