Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51427

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1896/2017).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1896/2017

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 368/2016. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Antonio Sanmartín Torres

Avogado: Pablo Lorenzo Campos.

Recorridos: Fogasa, José Martínez Fernández

Avogado/a: letrado do Fogasa

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber:

«Resolución estimamos parcialmente o recurso de suplicación formulado polo demandante Antonio Sanmartín Torres, contra a sentenza do 28 de novembro de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, no procedemento 368/2016, seguido contra a empresa José Martínez Fernández, no sentido de que o demandante ten dereito ao completo por IT previsto en convenio, na cantidade correspondente, atendendo á súa categoría profesional de axudante de camareiro, e condenamos a citada empresa ao seu aboamento, confirmando a expresa resolución en canto aos restantes pronunciamentos.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Que, no procedemento de recurso de suplicación 1896/2017 desta sección, seguido por instancia de Antonio Sanmartín Torres contra o Fogasa e José Martínez Fernández, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

E para que sirva de notificación en legal forma a José Martínez Fernández, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza