Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51434

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (416/2016).

Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de María del Carmen Horta Insua fronte a Dkora Dkora, S.C., Tamara Franco Muinos se ditou sentenza cuxo teor é o seguinte:

Sentenza.

Pontevedra, 22 de marzo de 2017

Vistos por Ignacio de Frias Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primera Instancia número 2 de Pontevedra os presentes autos de xuízo verbal seguidos neste xulgado ao número 416/2016 por instancia de María del Carmen Horta Insúa, representada polo procurador Sr. Martínez Melón e baixo a dirección do letrado Sr. Fernández Arévalo, fronte a Dkora Dkora, S.C., en situación de rebeldía procesual, e Tamara Franco Muiños, sobre resolución contractual.

Resolvo que estimo a demanda interposta por María del Carmen Horta Insúa, representada polo procurador Sr. Martínez Melón contra Dkora Dkora, S.C. e Tamara Franco Muiños, e acordo:

1º. Declarar resolto o contrato de compravenda celebrado entre Dkora Dkora, S.C. e María del Carmen Horta Insúa con data do 18 de agosto de 2014, documentado no pedido achegado como documento n° 2 da demanda, con devolución recíproca e simultánea das respectivas contraprestacións recibidas, que neste caso se limita á devolución a María del Carmen Horta Insúa por parte de Dkora Dkora, S.C. da cantidade de 1.200 euros.

2º. Condenar a Dkora Dkora, S.C. e Tamara Franco Muinos a aboar solidariamente a María del Carmen Horta Insúa a cantidade de 1.200 euros, máis os xuros legais desa cantidade desde o 11 de xuño de 2015, ata o 24 de novembro de 2016 respecto á cantidade de 200 euros, e ata a data desta sentenza respecto á cantidade de 1.200 euros, e desde esta os xuros de mora procesual do artigo 576 da LAC.

3º. As custas do proceso impóñense a Dkora Dkora, S.C.

Notifíquese a presente resolución ás partes e advírtaselles de que contra esta non cabe interpoñer recurso de apelación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, e déixese no procedemento testemuño bastante.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Dkora Dkora, S.C., Tamara Franco Muiños, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 17 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza