Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición de mobiliario de laboratorio na nave taller no edificio MTI (expediente 19/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratacion.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4º. Teléfono: 986 81 35 71.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 19/17.

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: mobiliario de laboratorio en nave taller no edificio MTI.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Centro de Investigación Tecnológico Industrial MTI no Campus As Lagoas-Marcosende en Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: 80 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) Codificación CPV: 39180000-7 e CPA: 31.09.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Redución do importe de licitación (criterio automático): 51 puntos.

2º. Calidade das superficies de traballo (criterio automático): 49 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 93.971 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 93.971 € + 19.733,91 € de IVE que se vai soportar.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva (5 % importe de adxudicación sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o cuadraxésimo día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na Sala de Xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.300 euros.

11. Outras informacións: a subministración poderá ser financiada pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no marco dun convenio de colaboración que se asinará proximamente.

Vigo, 30 de outubro de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo