Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de outubro de 2017, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia. Expediente de retaxación no parque empresarial de Tui.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da dita lei, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, con enderezo na rúa Alcalde Hevia, núm. 7, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 16 de outubro de 2017

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Persoas interesadas

Expediente

Acto notificado

Comunidade hereditaria de Emilio Gómez Álvarez

Predio 146

Folla de valoración