Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato para o servizo de mantemento integral do parque de equipamentos de ecografía da marca Siemens (expediente NB-EIC1-17-013).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: NB-EIC1-17-013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento integral do parque de equipamentos de ecografía da marca Siemens da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 50421000-2.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: invitación.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: remisión de invitación: 31.5.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado (artigo 170 d) do TRLCSP) (suxeito á regulación harmonizada).

4. Valor estimado do contrato:

Valor estimado do contrato sen IVE: 65.399,45 €.

5. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 27.249,77 €.

Orzamento con IVE: 32.972,22 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11.8.2017.

b) Data de formalización do contrato: 28.8.2017.

c) Contratista: Siemens Healthcare, S.L.U. (B-60805769).

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 27.249,77 €.

Importe con IVE: 32.972,22 €.

A Coruña, 11 de setembro de 2017

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña