Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 24 de outubro de 2017, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, polo que se notifica a resolución dun procedemento sancionador por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, porque intentadas as notificacións non se puideron realizar (expediente S-P-07.17).

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ditou o 13 de outubro de 2017 resolución do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). Intentada a notificación persoal desta resolución, non foi posible realizala.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no dito taboleiro de edictos único (TEU) devandito. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Advírtese que de acordo co contido da dita resolución que impón sanción de multa á persoa interesada, poderase interpoñer recurso de alzada contra ela no prazo dun mes que se contará a partir da data en que a notificación se entenda producida.

No caso de que non se interpoña recurso, a resolución sancionadora devirá firme e executiva, e poderá facerse efectivo o importe da sanción no período voluntario dentro do prazo que indica a carta de pagamento que se xunta á resolución. De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2017

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

Anexo

Expediente: S-P-07.17, información previa VI-PO-038.14. Pontevedra.

Feito imputado: escavacións arqueolóxicas sen o preceptivo control arqueolóxico no termo municipal de Caldas de Reis.

Afectado: Promociones Pazos Souto 2000, S.L.U.

Último domicilio coñecido do interesado: Caldas de Reis, Pontevedra.

Acto notificado: Resolución do 13.10.2017 que impón sanción de multa.

Prazo para interpoñer recurso: un mes.