Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación do servizo consistente na realización das verificacións administrativas e a verificación sobre o terreo previstas no artigo 125.5 do Regulamento (UE) 1303/2003, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ás operacións correspondentes ao Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020, área de cooperación Galicia-Rexión Norte de Portugal, que se declaren no período de vixencia do presente contrato cofinanciado nun 85 % con fondos Feder, eixe prioritario 5, asistencia técnica, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en multicriterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 10 14/981 54 10 09 e información de índole administrativa: 981 54 45 17/981 54 45 48.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

Información administrativa: contratacion.vicepresidencia@xunta.gal

Información técnica: eugenia.paz.costoya@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=214932

8º. Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que a de presentación de solicitudes.

d) Número do expediente: 2017 – SERE 01 – PL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo consistente na realización das verificacións administrativas e a verificación sobre o terreo previstas no artigo 125.5 do Regulamento (UE) 1303/2003, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ás operacións correspondentes ao Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020, área de cooperación Galicia-Rexión Norte de Portugal, que se declaren no período de vixencia do presente contrato.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución: tres anos contados desde o día seguinte ao da formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 792120003 servizo de auditoría.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 183.460,56 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 183.460,56 €.

Importe total: 221.987,28 €, IVE incluído.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixen.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: o indicado na letra E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o decimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos y anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data da apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: a sala onde se vaia realizar indicarase no perfil do contratante unha vez publicado este anuncio.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, a apertura do sobre B da documentación relativa aos criterios de adxudicación non avaliables automaticamente, terá lugar ás 12.00 horas do décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

O lugar, o día e a hora do segundo acto público, a lectura e avaliación do sobre B e da apertura do sobre C da documentación acreditativa dos criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas, indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza