Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2017/7-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribucion, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: reforma MT para subministración á ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense: LMTS, en condutor RHZ1 1x240 Al, BBA801, BBA803, VLL804, e dos CC.SS. Residencia II, Residencia I e Rairo.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas:

Reforma e adecuación CS 32CCX0 Residencia II, coa substitución das celas existentes por catro celas de liña modulares tipo SF6 telecontroladas.

Reforma e adecuación CS 32CBC5 Residencia I, coa substitución das celas existentes por catro celas de liña modulares tipo SF6 telecontroladas.

Reforma e adecuación CS 32C671 Rairo, coa instalación dunha cela de liña tipo SF6 telecontrolada e una cela de acoplamento e de remonte.

LMT subterránea, a 20 kV de 456 m, con condutor RHZ1 12/20kV 1×240 mm2 Al, con orixe na LMTS existente BBA803 do CT A Saínza 32C685 e final na LMTS existente BBA803 ao CT A Saínza II, 32C690 conectando os CTT 32CX35, 32CS74, 32CBH9, 32CN70 e 32CH7.

LMT subterránea, a 20 kV de 346 m , con condutor RHZ1 12/20kV 1×240 mm2 Al, con orixe na LMTS existente BBA801 o CS 32CB5 Residencia I.

LMT subterránea, a 20 kV de 95 m, con condutor RHZ1 12/20kV 1×240 mm2 Al, con orixe na cela de liña do CS 32CCXO Residencia II e final na cela de liña do CS 32CB5 Residencia I.

LMT subterránea, a 20 kV de 187 m, con condutor RHZ1 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na cela de liña do CS 32CCX0 Residencia II, e final na LMTS existente ao CT 32CDT5 Ramón Puga.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Ourense, 16 de outubro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense