Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 10 de outubro de 2017 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 41 do polígono 87 do termo municipal da Fonsagrada.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 10 de outubro de 2017, o cambio de actividade de forestal a agrícola na parcela 41 do polígono 87 do termo municipal da Fonsagrada (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 27 de setembro de 2017. O anuncio foi publicado no DOG núm. 201, do 23 de outubro.

Lugo, 23 de outubro de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo