Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51672

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas relativa ao procedemento de licitación e execución do servizo para a redacción do proxecto de construción dun novo edificio administrativo para a Xunta de Galicia, así como a modificación urbanística do Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela.

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión da Consellería de Infraestruturas e Vivenda á Axencia Galega de Infraestruturas para a realización de traballos técnicos que se susciten no procedemento de licitación e execución do servizo para a redacción do proxecto de construción dun novo edificio administrativo para a Xunta de Galicia, así como a modificación urbanística do Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela, que ten as seguintes características:

– Obxecto: emisión dos informes técnicos de valoración das ofertas presentadas na licitación do servizo para a redacción do proxecto de construción dun novo edificio administrativo para a Xunta de Galicia, así como a modificación urbanística do Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela, e calquera outro informe de carácter técnico que sexa requirido no curso do proceso de licitación e dirección técnica dos estudos que realice a empresa adxudicataria do servizo asumindo a función de responsable do contrato.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre órganos (Consellería de Infraestruturas e Vivenda e Axencia Galega de Infraestruturas) dotados de personalidade xurídica propia e ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.

– Prazo de vixencia: desde a súa sinatura, que tivo lugar o 4 de outubro de 2017, ata a extinción do contrato.

– Supostos en que procede a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou mutuo acordo.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda