Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51837

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 6 de novembro de 2017 pola que se amplía o prazo de realización do quinto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

A Orde da Consellería de Facenda do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 84, do 3 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as dispón na base II.1.1.5 que o prazo máximo para a realización do quinto exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O cuarto exercicio da fase de oposición, correspondente ao proceso selectivo que se cita, foi realizado o día 14 de setembro de 2017.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro, polo que, consonte a proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do quinto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda