Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52148

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de outubro de 2017 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CEIP plurilingüe Tomás de Lemos do Concello de Ribadavia.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Ourense.

Concello: Ribadavia.

Código: 32011305.

Denominación actual: colexio de educación infantil e primaria (CEIP) plurilingüe Tomás de Lemos.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria (CEIP) plurilingüe Ribadavia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria