Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 24 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada RA/XP/2013/00006 en materia de xogo.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao titular do establecemento que se especifica no anexo a resolución do recurso de alzada que se relaciona interposto contra a resolución ditada no expediente de denuncia da validez da autorización de instalación e localización tramitado na provincia de Pontevedra, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, a interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento da interesada, que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e que poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poida presentar calquera outro recurso que coide conveniente.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Núm. recurso de alzada

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Acto notificado

Sentido do acto notificado

RA/XP/2013/00006

The Clover, C.B.

Avda. Ourense, 48, baixo,

36940 Cangas

(Pontevedra)

The Clover

Resolución do recurso de alzada

Desestimatorio