Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 31 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2007/396-1, nos concellos de Vimianzo e Muxía.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT Vimianzo-PE Muxía, nos concellos de Vimianzo e Muxía (expediente IN407A 2007/396-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 31 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2007/396-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: LAT Vimianzo-PE Muxía.

Concellos: Vimianzo e Muxía.

Predio

Concello

Lugar

Titular proposto

Data de ocupación

134-1

Muxía

Cachelo

Herdeiros de José Celestino Pereira Vilar

22.9.2017

159

Muxía

Portela Nonim

José María Domínguez Bello

22.9.2017