Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52166

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (245/2015).

PO procedemento ordinario 245/2015

Demandante: Fundación Laboral da Construción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandados: Construcciones Rafra, S.L., Fogasa

Avogado: letrado Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 245/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral da Construción contra a empresa Construcciones Rafra, S.L., Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se achega:

«Sentenza núm. 501/2017

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017

Vistos por min, Carolina Nores Díaz, maxistrada do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 245/2015 seguidos por instancia de Fundación Laboral da Construción, asistida da letrada Sra. Marón Fernández; contra a entidade Construcciones Rafra, S.L. e Fogasa; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución Española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes [...]

Fallo:

Que, considerando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral da Construción, contra a entidade Construcciones Rafra, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.102,61 euros.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndoos saber que fronte a esta non cabe recurso (artigo 191.2 da LRXS).

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Rafra, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza