Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52240

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de corrección de erros (expediente O-15/2017).

Rectifícase o anuncio publicado no DOG núm. 211, do 7 de novembro de 2017, páxina 51520, relativo ao procedemento aberto para a contratación das obras incluídas no proxecto de acondicionamento do espazo público na contorna do Aquarium Finisterrae, no sentido de que, no seu punto 2, onde di: «Prazo de execución: doce (12) meses»; debe dicir:

«2. Prazo de execución: doce (12) semanas».

Segundo o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de vinte e seis (26) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de novembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 18.4.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente de alcalde da Área de Emprego e Economía Social