Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52151

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2017 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

De conformidade co establecido no artigo 5 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e na Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 78, do 27 de abril), e na disposición derradeira primeira da Orde do 24 de agosto de 2017 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 171, do 8 de setembro), esta dirección xeral

DISPÓN:

Aprobar as listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Orde do 24 de agosto de 2017 (DOG núm. 171, do 8 de setembro).

A lista definitiva de aspirantes admitidos poderase consultar a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.es

A lista definitiva de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Composición do tribunal cualificador:

1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:

– Tribunal titular:

Presidenta: Mónica María Castro Pérez.

Secretario: Roberto Pérez Fonte.

Vogais:

Ana Purificación Otero Ferreiro.

Jesús Lata Buceta.

Marco Antonio Freire Serén.

– Tribunal suplente:

Presidente: Ramón Quiroga Limia.

Secretario: Ramón Freire Priegue.

Vogais:

Fernández López, José Antonio.

José Ramón Viñas Diz.

Constantino Grandío Rivas.

2. A súa actuación e funcionamento rexeranse polo disposto para os órganos colexiados na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Desenvolvemento das probas:

Convócanse os/as aspirantes que figuran na lista de admitidos para a realización da proba, que terá lugar o vindeiro día 23 de novembro na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.

Proba psicolóxica:

Ás 13.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 2 de novembro de 2017

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO
Excluídos renovación

Nome

Clave

Domínguez Agulla, José Manuel

1

Rey Portilla, Carlos

2

Código

Descrición

1

Non achega xustificante do pagamento da taxa correspondente

2

Non achega fotografías tamaño carné