Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 24 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de animais domésticos e salvaxes en catividade, de caza, de conservación da natureza e de pesca fluvial de Galicia (expediente ANI-CO-0020/2017-V e sete máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial ou o instrutor, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita no Edificio Administrativo Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2-8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

A Coruña, 24 de outubro de 2017

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: ANI-CO-0020/2017-V.

Denunciado: Manuel González Rodríguez.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: ANI-CO-0024/2017-V.

Denunciado: Andrés Maximino Abeal Hermida.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: CAZ-CO-0009/2017-V.

Denunciado: Roberto Barbado Calles.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: CAZ-CO-0012/2017-V.

Denunciado: Juan José Rodríguez Machuca.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: CAZ-CO-0019/2017-V.

Denunciado: Antonio Gómez Pérez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: CON-CO-0006/2017-V.

Denunciado: herdeiros de Vicente Gonzalo Bogo Vigo.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: PES-CO-0028/2017-V.

Denunciado: Félix Rico Beade.

Acto de notificación: requirimento de pagamento.

Expediente: PES-CO-0042/2017-V.

Denunciado: Dumagnier Wilfried Rarl.

Acto de notificación: acordo de inicio.