Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52448

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO da convocatoria e bases reguladoras para a cobertura, mediante sistema de mobilidade, dunha vacante de oficial de policía local.

Por resolución de Alcaldía do 15 de setembro de 2017, aprobáronse as bases reguladoras para a cobertura, mediante sistema de mobilidade, dunha vacante de oficial de policía local do Concello de Cambados.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 193, do 6 de outubro de 2017, publicáronse as bases reguladoras para a cobertura, mediante sistema de mobilidade, dunha vacante de oficial de policía local do Concello de Cambados.

As instancias solicitando tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nelas, dirixidas á alcaldesa-presidenta da corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos do Concello de Cambados (Pontevedra).

Cambados, 10 de outubro de 2017

Fátima Abal Roma
Alcaldesa