De conformidade co artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, o prazo de presentación de solicitudes para formar parte das listas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia iníciase anualmente o 1 de marzo e remata o 15 de xullo.
Unha vez finalizado o dito prazo foron examinadas as instancias presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polos interesados.
Concluídos os anteriores traballos, elaboradas e aprobadas as listaxes correspondentes, na sesión que tivo lugar o 24 de outubro do presente ano a Comisión Permanente, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 8 de setembro, acordou elevar ao titular da dirección xeral as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, esta dirección xeral,
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.
Segundo. As listas poderán consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de Listas de contratación.
Nas devanditas listas figura a seguinte información:
– Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.
Terceiro. Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:
– Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.
– Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:
– Servizos centrais:
Secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.
– Servizos periféricos:
Xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores/as provinciais ou delegados/as comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.
– Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración da Xunta de Galicia e do Pladiga. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV da presente resolución e deberá ser asinada polo/a secretario/a do concello.
No suposto de que algún dos solicitantes provisionalmente excluído non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluído.
Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto os solicitantes provisionalmente admitidos como os provisionalmente excluídos poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos, de conformidade co establecido no artigo 15.2. do Decreto 37/2006, modificado polo Decreto 124/2016.
O modelo de solicitude encóntrase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de Listas de contratación.
Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a cabo as emendas procedentes, e daráselle publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2017
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
Grupo |
Corpo/ Escala |
Denominacion |
A1 |
2060 |
Corpo superior da Administración da Xunta de Galicia. |
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos/as. |
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos. |
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de Enxeñaría Agronómica. |
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de Enxeñaría Industrial. |
A1 |
2065 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de Enxeñaría de Minas. |
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios. |
A1 |
2068 |
Escala de ciencias. Especialidade de Bioloxía. |
A1 |
2069 |
Escala de ciencias. Especialidade de Química. |
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos/as. |
A1 |
206K |
Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Arquivos. |
A1 |
206L |
Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Bibliotecas. |
A1 |
206M |
Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Museos. |
A1 |
2080 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de Enxeñaría de Telecomunicacións. |
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas. |
A1 |
2093-02 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Procesos de Cultivo Acuícola. |
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Navegación Marítima. |
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Pesca Marítima. |
A1 |
2093-08 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Comunicacións. |
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Procesos Sanitarios. |
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Formación e Orientación Laboral. |
A2 |
2051 |
Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia. |
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de Enxeñaría Técnica Forestal. |
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas. |
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática. |
A2 |
206I |
Escala de inspección turística. |
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Erquivos. |
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Bibliotecas. |
A2 |
206X |
Escala de inspectoras e inspectores de consumo. |
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos/as técnicos/as. |
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de Enxeñaría Técnica de Obras Públicas. |
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de Enxeñaría Industrial. |
A2 |
2076 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de Topografía. |
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de Enxeñaría Técnica Agrícola. |
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatísticos/as. |
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Xunta de Galicia. |
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática. |
C1 |
207C |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia. |
C1 |
207H |
Escala de axentes facultativos ambientais a extinguir. |
C1 |
2081 |
Escala de delineantes a extinguir. |
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Xunta de Galicia. |
2055 |
Agrupación profesional. |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
002 |
Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a. |
I |
004 |
Titulado/a superior. |
I |
006 |
Titulado/a superior psicólogo/a. |
I |
011 |
Titulado/a superior pedagogo/a. |
I |
014 |
Titulado/a superior sociólogo/a. |
I |
018 |
Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior). |
I |
019 |
Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior farmacéutico/a. |
I |
023 |
Documentalista. |
I |
029 |
Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do Igaem. |
I |
030 |
Relacións públicas do Igaem. |
I |
031 |
Titulado/a superior de formación ocupacional. |
I |
032 |
Técnico/a superior en centros de arte. |
II |
001 |
Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva. |
II |
002 |
ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE. |
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas. |
II |
006 |
Educador/a, profesor/a especial. |
II |
007 |
Titulado/a grao medio. |
II |
008 |
Director/a de gardaría infantil. |
II |
011 |
Fisioterapeuta. |
II |
017 |
Asistente social. |
II |
020 |
Terapeuta ocupacional. |
II |
021 |
Monitor/a ocupacional. |
II |
027 |
Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio). |
II |
031 |
Restaurador/a. |
II |
037 |
Titulado/a medio/a formación ocupacional. |
II |
038 |
Perito-xudicial diplomado/a. |
II |
040 |
Mestre/a especialista en educación infantil. |
III |
002 |
Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do Igaem. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG. |
III |
004 |
Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos,encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar. |
III |
005 |
Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén. |
III |
006 |
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios. |
III |
012 |
Mestre/a de taller. |
III |
014 |
Xefe/a de cociña. |
III |
017 |
Analista de laboratorio. |
III |
023 |
Celador/a de estradas. Capataz de brigada. |
III |
040 |
Axudante/a de produción. |
III |
050 |
Técnico/a especialista xardín de infancia. |
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza. |
III |
063 |
Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a. |
III |
064 |
Oficial 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada. |
III |
065 |
Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª. |
III |
067 |
Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz. |
III |
068 |
Oficial 1ª agrario, capataz agrario. |
III |
069 |
Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira. |
III |
078 |
Subgobernante/a. |
III |
088 |
Capataz de explotacións marisqueiras. |
III |
090 |
Animador/a sociocultural. |
III |
091 |
Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores). |
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a. |
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos. |
IV |
001 |
Auxiliar gravación. Oficial 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar. |
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras. |
IV |
003 |
Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico, coidador/a. |
IV |
004 |
Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado. |
IV |
005 |
Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª. |
IV |
006 |
Axudante/a servizos técnicos. Oficial 2ª mantemento. |
IV |
009 |
Oficial 2ª agrario/a. |
IV |
011 |
Auxiliar de laboratorio. |
IV |
016 |
Condutor/a. |
IV |
017 |
Almaceneiro/a, despenseiro/a. |
IV |
020 |
Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza). |
IV |
030 |
Auxiliar formación ocupacional. |
IV |
031 |
Legoeiro/a. |
IV |
035 |
Auxiliar de arquivos e bibliotecas. |
IV |
036 |
Auxiliar de museos. |
V |
001 |
Camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a. |
V |
002 |
Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín. |
V |
003 |
Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado. |
V |
008 |
Peón/oa agrario/a. |
V |
009 |
Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais. |
V |
10D |
Socorrista. |
V |
10E |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos. |
V |
10F |
Peón/oa forestal. |
V |
011 |
Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais. |
V |
012 |
Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno. |
Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
038 |
Técnico superior de defensa contra incendios forestais. |
II |
039 |
Técnico forestal de defensa contra incendios forestais. |
III |
100 |
Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais. |
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais. |
IV |
033 |
Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais. |
V |
10A |
Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais. |
V |
10B |
Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais. |
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais. |
V |
014 |
Peón de defensa contra incendios forestais. |
V |
14A |
Peón condutor de defensa contra incendios forestais. |