Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52520

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (561/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 561/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua MC Mutual contra Sanespixo, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza 563/17

Na Coruña o 18 de outubro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de seguridade social con número 561/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Mutual Midat Cyclops, representada pola letrada Blanca Fernández-Chao González-Dopeso, contra Sanespixo, S.L. (non comparecida) e contra o INSS e a TXSS, representados pola letrada María del Carmen García Sánchez, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Mutual Midat Cyclops e condeno a empresa Sanespixo, S.L. a que reintegre á demandante a cantidade de 4.502,83 euros. Absólvense o INSS e a TXSS de todas as pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sanespixo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza