Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52516

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (226/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento procedemento ordinario 226/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Construcción Técnica GMC, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Patricia López Arranz.

A Coruña, 16 de novembro de 2017.

Feitos:

Primeiro. Ante este xulgado séguense autos do procedemento nº 226/2015 que concluíron por sentenza ditada o 12 de setembro de 2017.

Segundo. A parte demandante presentou escrito solicitando aclaración da resolución.

Parte dispositiva.

Estímase a solicitude de aclaración, rectificando en toda a resolución o nome da empresa demandada, sendo o correcto Construcción Técnica GMC, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Así, o acorda, manda e asina Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcción Técnica GMC, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza