Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52499

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6/2015).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 6/2015 deste tribunal, seguido por instancia de Jesús Manuel Couselo Ferro, Javier Rego López, Manuel Mariño López, Miguel Alende Nogueira, José Ramón Morono García, José Manuel Alvarellos Regueiro, Raúl Ramón Buján Olveira, Manuel Castro Vázquez, Javier Couselo Bustelo, Manuel Lorenzo Turnes, Juan Antonio Regueiro Carreira, José Regueiro Rodríguez, Juan Carlos Rodríguez Mallo, Antonio Senín Garabal, Narciso Tourís Otero, Roberto Blanco García, Óscar Rúa García contra Fogasa, Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Marcelino Fernández Rodríguez, José Luis Fernández Rodríguez, Talleres Fernández Coruña, S.L., Compostela Concesionario, S.L. Unipersonal, Compostela Automotriz, S.L., Patrimonial Feranpe, S.L., Asesoría Global Automoción, S.L., Compostela Car Service, S.L., Queenspark Invest, S.L.U., sobre conflito colectivo, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Mª Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 23 de outubro de 2017.

Á vista do acordado na acta de comparecencia de data 19 de outubro de 2017, cítese as partes non comparecentes e as non citadas en legal forma, para celebrar novamente a comparecencia sobre a ampliación da execución fronte a Compostela Cars Service, S.L., e Queens Park Invest, S.L.U., para o próximo 11 de xaneiro de 2018, ás 10.00 horas. Así mesmo, cítese para interrogatorio como testemuña a Pablo Fernández Nieves.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que deberá expresar a infracción que a xuízo do recorrente se cometese na resolución impugnada debendo interpoñer o recurso no prazo de cinco días seguintes á súa notificación, sen que a mera interposición suspenda a executividade da resolución impugnada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pablo Luis Fernández Nieves e Marcelino Fernández Nieves en representación de Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Marcelino Fernández Rodríguez, José Luis Fernández Rodríguez, Talleres Fernández Coruña, S.L., Compostela Concesionario, S.L. Unipersonal, Compostela Automotriz, S.L., Patrimonial Feranpe, S.L., Asesoría Global Automoción, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza