Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza das dependencias da Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo e do Servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (expediente AB-CON1-17-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-CON1-17-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza das dependencias da Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo e do Servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 157.737,60 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 65.724 euros. Importe total: 79.526,04 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16.6.2017.

b) Data de formalización do contrato: 16.7.2017.

c) Contratista: Limpergal, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 58.724 euros. Importe total: 71.056,04 euros.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos