Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017 pola que se fai pública a formalización do acordo marco do servizo de elaboración, produción e plan de medios da campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia durante 2017, tramitado por procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.2.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 3 de xaneiro de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo integral para a elaboración e execución de campañas de turismo e gastronomía no ámbito galego e nacional.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

Establecemento dun acordo marco: acordo marco con tres empresarios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo sen IVE: 5.136.363,64 €.

IVE (21 %): 1.078.636,36 €.

Importe máximo total, IVE incluído: 6.215.000 €.

5. Formalización do acordo marco.

a) Data de adxudicación: 28 de abril de 2017.

b) Data de formalización do acordo marco: 2 de xuño de 2017.

c) Adxudicatarias acordo marco: Proximia Havas, S.L.; Ingenio Media, S.L. e a UTE Imaxe Intermedia, S.L./Gesmedia Consulting, S.A.

d) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

e) Adxudicación e formalización dos contratos:

1º. Contrato da campaña de verán:

Adxudicatarias: UTE Imaxe Intermedia, S.L./Gesmedia Consulting, S.A. NIF U70522248.

Data de adxudicación: 29 de xuño de 2017.

Importe máximo de adxudicación: 2.268.595,04 €.

Data de formalización: 3 de xullo de 2017.

2º. Contrato de promoción turística de Galicia como destino gastronómico:

Adxudicataria: Ingenio Media, S.L., NIF B70212634.

Data de adxudicación: 20 de xullo de 2017.

Importe máximo de adxudicación: 929.752,07 €.

Data de formalización: 21 de xullo de 2017.

3º. Contrato da campaña de outono:

Adxudicataria: Proximia Havas, S.L., NIF B63968267.

Data de adxudicación: 5 de outubro de 2017.

Importe máximo de adxudicación: 929.752,07 €.

Data de formalización: 6 de outubro de 2017.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia