Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente do permiso de investigación Pedra País 01 PO/C/02938.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación persoal, de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE (Boletín Oficial del Estado), ante a Sección de Minas da Xefatura Provincial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 3 de novembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Pedra País, S.L.

NIF:B36881563

Acto notificado: requirimento de documentación en relación coas medidas de seguridade e ambientais que se van realizar no permiso de investigación Pedra País 01 PO/C/02938.