Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización da contratación polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación urxente, do servizo de limpeza e desinfección no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia en Lugo (expediente 46/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza e desinfección no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=196098

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 181, do 22 de setembro de 2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 111.570,00 €, IVE (21 %): 23.429,70 €. Importe total: 134.999,70 €.

Valor estimado: 200.826,00 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 24 de outubro de 2017.

b) Adxudicataria: Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, S.L. (Samyl, S.L.).

c) Importe: 111.160,28 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 26 de outubro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural