Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (217/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 217/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Santiago Vigo Otero contra a empresa Hermanos Vigo Otero, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Parte dispositiva.

Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Santiago Vigo Otero, coa empresa Hermanos Vigo Otero, S.L., e condénase esta a que aboe á executante Santiago Vigo Otero a cantidade de 28.129,50 euros en concepto de indemnización e 86.754 euros en concepto de salarios de tramitación.

Faise saber que en caso de non dar cumprimento á presente resolución continuará esta como execución monetaria, polo importe total de 114.883,50 euros incrementados con 11.488,35 euros en concepto de xuros e custas da execución, sen prexuízo este último importe de ulterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución ás partes, ao Fogasa, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así, o acorda, manda e asina, Carolina Nores Díaz, xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Vigo Otero, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza