Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52823

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (149/2017).

ETX execución de títulos xudiciais 149/2017

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 689/2015

Sobre ordinario

Demandante: Manuel Eugenio Becerra Expósito

Avogada: Ángeles Cancela Regueira

Demandados: Inkjet 10, S.L., Alonso Madroño Fernández e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 149/2017, por instancia de Manuel Eugenio Becerra Expósito, contra a executada Inkjet 10, S.L., Alonso Madroño Fernández, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 26 de outubro de 2017 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia total, por importe de 1.500 euros de principal, máis 295,06 euros en concepto de xuros de mora, máis 179,50 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, fronte a Inkjet 10, S.L., e Alonso Madroño Fernández, solidariamente, e por importe de 1.888,52 euros en concepto de principal, máis 371,49 euros en concepto de xuros de mora, máis 226 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, fronte a Alonso Madroño Fernández, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza