De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación Forestal –Servizo de Xestión Forestal– situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso correspondente ao seu domicilio, ou ben ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo, por ser a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal
ANEXO
Expediente: MON-LU-0086/2016-CAF.
Interesado: Manuel Ángel Jove Losada.
Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.
Expediente: MON-LU-0086/2016-CAF.
Interesada: Clara Roca Corral.
Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.