Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52814

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (143/2015).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 143/2015 por instancia de Audrey Rene Sobrino contra Limperhostel, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 17 de outubro de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por Audrey Rene Sobrino fronte á empresa Limperhostel, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Limperhostel, S.L. a aboar a Audrey Rene Sobrino a cantidade de dous mil novecentos corenta e nove euros con corenta e nove céntimos de euro (2.949,49 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Limperhostel, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de outubro de 2017

O secretario xudicial