Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 25 de outubro de 2017, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente VP-C 29/17.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46 emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, da resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, nº 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 25 de outubro de 2017

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: VP-C 29/17.

Persoa interesada: Mª Dolores Seoane Longueira.

DNI/NIE/NIF: 607-E.