Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2017 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación, documentalmente simplificada, do servizo consistente na redacción do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación do edificio da extinta Cámara da Propiedade Urbana de Ourense.

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA23/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: consiste na redacción do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación do edificio da extinta Cámara da Propiedade Urbana de Ourense co fin de adaptalo para uso administrativo.

c) CPV: 71221000-3.

d) Prazo de execución: catro meses contado desde o día da súa sinatura.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

• Criterios cualitativos non avaliables mediante fórmulas: ata 40 puntos.

– Aspectos normativos e funcionais: ata 10 puntos.

– Solucións propostas para reducir a demanda enerxética: ata 10 puntos.

– Propostas dos sistemas de instalacións: ata 10 puntos.

– Xustificación do encaixe das solucións propostas co orzamento da obra que figura no PPT: ata 10 puntos.

• Criterios cuantitativos avaliables mediante fórmulas: ata 60 puntos.

– Oferta económica: ata 60 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: corenta mil euros (40.000,00 €), IVE excluído.

b) IVE: oito mil catrocentos euros (8.400,00 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Correo electrónico: contratacion@conselleriadefacenda.es

g) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=222803. Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/perfil-do-contratante

h) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia:

– Económica e financeira: volume anual de negocios que referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos sexa igual ou superior a 60.000,00 € ou seguro de indemnización por riscos profesionais por importe igual ou superior a 60.000,00 €.

– Técnica e profesional: ter redactado nos últimos cinco anos dous proxectos de obra cun importe de execución material, cada un deles, igual ou superior a 400.000,00 €.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as dezanove (19.00) horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no cadro de características do PCAP.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto no cadro de características do PCAP.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante as convocatorias das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda