Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53270

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (120/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 120/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón García Rey contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Ilunión Seguridad, S.A.U. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 120/2016, en que foron parte, como demandante, José Ramón García Rey, asistido pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez e, como demandados, Ilunión Seguridad, S.A.U., asistida pola letrada Sra. Espiño Fuentes, e Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., que non comparece malia a súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por José Ramón García Rey e, en consecuencia, condénase a demandada Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de 2.913,91 euros, máis xuros por demora do 10 %. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso. Absólvese a codemandada Ilunión Seguridad, S.A.U. das pretensións exercidas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes, contra a cal non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza