Expediente: IN407A 2017/147-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: LMTS CT en estrada Castelao.
Concello: Narón.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 18 m, con orixe na derivación proxectada na LMTS CRN709, entre o CT 15CRR5 e o CT 15CZH0, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final na derivación proxectada na LMTS CRN709, entre o CT 15CRR5 e o CT 15CZH0, despois de realizar entrada e saída ao CT proxectado.
Centro de transformación prefabricado de 400 kVA e unha relación de transformación 15.000/400 V.
Lexislación de aplicación:
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 20 de outubro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña